Argaia é unha marca de cosmética ecolóxica e vegana a base de prantas medicinais que Pamela e Estefanía cultivan en Galiza

Elas son as que están detrás desta aventura que nace do seu amor polas prantas e o respeto pola Nai Terra

Elas se ocupan do cultivo e da colleita das prantas, da elaboración dos seus extractos e macerados para poder incluílas nos produtos que elaboran envasan e etiquetan con todo o seu cariño. Cada produto é un cachiño de natureza para que o teu rostro, pel e cabelo estean nutridos, hidratados e sans

Como elas mesmas destacan, Argaia non sería posible sen todas as persoas que confían en nós así que agardamos que sie estás a ler isto, formes parte desta bonita familia e nos axudes a facer unha cosmética en armonía co medio ambiente e cos seres vivos cos que compartimos esta gran casa que é o noso planeta.

Mostrando tódolos 4 resultados