Description
Aceite de Oliva Virxe Extra
Moura está elaborado a partir de olivas seleccionadas en óptima fase de maduración. Obtido en procesos mecánicos en frío preservando as características organolépticas do AOVE.
Zume de olivas obtido da primeira extracción en frío
Recolección temperá e controlada dende o campo. Variedade cobransosa
Nota de cata Moura
Frutado medio de froitas verdes, con notas de plátano maduro, destacando os aromas a verde herba, especias e froitos secos, fundamentalmente abelá. Gran volume e estrutura en boca. Paso longo e persistencia con recordo ao froito seco e as especias. Aceite complexo, con entrada en boca suave, amargor lixeiro e picante medio. Gran equilibrio e frescura que fan de Moura un aceite para o goce dos nosos sentidos.
Beneficios para a saúde do aceite de oliva virxe extra
Reduce o nivel de colesterol malo mantendo os niveis do bo. Diminúe o risco de enfermidades cardiovasculares, regula o tránsito intestinal e prevén o envellecemento dos tecidos pola súa acción antioxidante grazas á elevada porcentaxe de ácido oleico. En diabéticos rebaixa os niveis de glucemia, alto poder antiinflamatorio e acción curativa fronte a enfermidades da pel.
Reviews
There are no reviews yet.