Description
As esponxas de luffa son un produto natural froito da deshidratación da luffa, unha cucurbitácea da familia do pepino que posúe propiedades emolientes, cicatrizantes e moi hidratantes grazas á presenza de Cucurbitacina C
As luffas que se atopan normalmente no mercado proceden de Asia onde, se ben a sua orixe é tamén vexetal, o seu tratamento con branqueantes químicos elimina todas as propiedades naturais da luffa
As esponxas e derivados das esponxas (estropallos, discos faciais, pousa xabóns, etc) que elabora Iberluffa en Caldas de Reis non só non son tratadas con branqueadores químicos senon que son sometidas a un tratamento en augas termais o que as fai máis duradeiras, axuda a manter as propiedades hidratantes, cicatrizantes e emolientes da luffa e impide a formación de fungos. Ademáis as augas termais confírenlle ás esponxas propiedades terapéuticas adicionais
Produtos 100% naturais, libres de químicos, duradeiros, versátiles, moi duradeiros e que, ao final da súa vida útil pode volver á terra en forma de compost xa que son 100% biodegradables, incluso as esponxas con engadidos tipo bies ou gancho para pendurar, pois estes están elaborados con liño, un material que tarda o mesmo en secar que a luffa e é tamén 100% biodegradable
Reviews
There are no reviews yet.