CategoriesSin categoría

As esponxas sintéticas, de celulosa e mariñas non son sostibles

Sabes que a primeira esponxa sintética feita en 1941 aínda existe hoxe? As esponxas sintéticas non son biodegradable, ademais durante o seu uso liberan micro plásticos e unha vez usadas probablemente pasan a formar parte dos nosos residuos para sempre.

ESPONXAS SINTÉTICAS

Inventado por casualidade en 1937 por Otto Bayer o poliéster escuma (cariñosamente chamado “ Ester”) é unha escuma densa orixinalmente adoptada pola industria das mopas que precisaba un produto económico, absorbente, forte, duradeiro, resistente a químicos de limpeza, aceites e graxas. A escuma aireada ten unha estructura parecida á das esponxas de mar naturais asi que tamén se convertiron en esponxas de uso xeral e de cociña pouco despois do seu descubrimento.

O problema con todas as esponxas sintéticas e estropallos non é só o feito de que poden rematar sendo parte dos nosos residuos para sempre, senon tamén os microplásticos que se liberan ao usalas. Ábrense paso polos sistemas de drenaxe e rematan contaminando ríos e océanos.

ESPONXAS A BASE DE CELULOSA

A celulosa extráese das árbores nun proceso que require moita enerxía e implica o uso de produtos químicos para que rachar as fibras da madeira. A celulosa non ten unha estructura de fibra natural como a luffa polo que as esponxas non teñen as cualidades terapéuticas, que son un dos rasgos distintivos das esponxas naturais de luffa. Se ben as esponxas de celulosa poderían ser parcialmente biodegradables, as propiedades non igualan nin superan ás da luffa.

ESPONXAS DE MAR

Dende 1765 as esponxas de mar, a pesar de non teren cerebro, órganos ou sistema nervioso, son clasificadas como animais. Cando as esponxas son colleitadas, se se fai correctamente (de xeito sustentable) a parte superior é sustraída e a base permanece para poder medrar de novo. Onde radica entón o problema? pois en que non existe entidades in situ que poidan certificar e velar pola correcta sustracción das esponxas.  Polo tanto a sostenibilidade da industria das esponxas non se pode garantir e de feito, as posibilidades de que os arrecifes e as áreas mariñas onde medran as esponxas poidan quedar danadas durante a recolección son altas.

Ademáis, a mayoría das esponxas mariñas dispoñibles no mercado tamén están tratadas químicamente para que se vexan máis apetecibles estéticamente, polo que, a pesar de seren orixinariamente naturais e biodegradables, algunhas tamén son expostas a produtos químicos.

ENTÓN, CAL É A ALTERNATIVA?

¡Luffa natural! Os antigos exipcios xa usaban luffa como esponxa! e estudos científicos recentes recomendan o uso da luffa natural para tratar afeccións cutáneas comúns, como a psoriase e o eccema, debido ás propiedades cicatrizantes e a hidratación que proporciona á pel o seu alto contido natural en cucurbitacina C.

Iberica de Esponjas Vegetales, o máis grande produtor de luffas en toda Europa, arrancou a súa actividade en marzo 2013, despois de case tres anos de investigación botánica buscando a xenética ideal da planta mediante polinización cruzada.

Deron cunha alternativa ás esponxas sintéticas, de celulosa e mariñas sorprendentemente suave, duradeira, natural, verdadeiramente sostible, 100% compostable e de alta calidade: as esponxas Iberluffa.

Todas as esponxas Iberluffa proceden da agricultura ecolóxica e son tratadas con augas xeotermais en Caldas de Reis, durante un mínimo de 100 horas a 43ºC. Este tratamento exclusivo fai que as esponxas teñan propiedades terapéuticas e está científicamente comprobado que as fai resistentes ao mofo. A exclusividade de Iberluffa reside en dous aspectos: o tratamento natural en auga xeotermal  e a súa xenética.


Traducido do texto orixinal de Estefanía Fdez, publicado en Auckland 14 Outubro 2019

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *