CategoriesSin categoría

Non é necesario ser Greta, só ter ollos

Cando era nena (digamos hai 40 anos) preguntábame por que a miña nai sempre volvía a casa das terras de cultivo coa carretilla chea de lixo recollido nas beiras da estrada. Nunca lle dixemos que parara de facelo, pero algunha vez pensamos “ninguén fai iso; a xente pensará que é raro”. Nunca lle importou, adoitaba dicirnos: “Recollo o lixo porque non me gusta ver o meu camiño cheo de lixo”. No chan, a ambolasdúas beiras da estrada, na curva onde se atopa a nosa casa, é fácil atopar envases desbotables de plástico, paquetes de repostería baleiros, latas baleiras e todo tipo de lixo que a xente guinda normalmente polas ventaniñas do coche cando pasan. Por desgraza, e a pesar das accións realizadas nos últimos anos para animar á xente a ser máis respectuosa co medio ambiente, o verquido ilegal de lixo é algo que aínda se segue a dar hoxe en día.

A miña nai pouco sabe o que é a “sustentabilidade”, o efecto do “exceso de CO2” ou a “falta de CO2” na atmosfera, a existencia ou non dunha emerxencia climática e todo o que está a suceder con Greta (e os outros “Gretas “) odiadores e simpatizantes. Sempre soubo que debemos xenerar a menor cantidade de lixo posible e, de xeneralo, cada lixo debe eliminarse correctamente. Sempre tivo ollos na cara e gustaríalle ver a nosa terra tan limpa coma se fose a nosa propia casa (e é que realmente o é!).

O tempo pasou e agora entendo tantas cousas… Non só por que segue recollendo o lixo da estrada, senón tamén da praia e por que ía co termo e os Tuppers para xantar se iamos estar fóra de casa unhas horas, por que sempre levaba bolsas reutilizables no boslo por se atopaba algo interesante que mercar de xeito inesperado, por que lle gusta tanto mercar directamente aos produtores e produtores locais cando vai aos mercados de produtores locais (aínda que a maioría das verduras e froitas que antes tiñamos na casa cultivábanse e aínda se cultivan na casa), por que odia atopar cousas que se facían tradicionalmente no país e agora todo parece vir de China e outros moitos hábitos, pensamentos e cousas incriblemente respectuosos co medio ambiente que facía ou dicía.

Entón, cando todos me chamaron tola ela foi o meu maior apoio cando hai case 10 anos decidín usar cueiros lavables e unha esponxa natural reutilizable en vez de toalliñas desbotables coa miña primeira filla.

Non é raro entón, por que compartir máis de 230 ecotips * nos últimos 2 anos foi tan fácil para min: a maioría son hábitos ou trucos que aprendín sen esforzo na casa e, aínda que de nena, pensaba que non era moi de xente fina facer as cousas dese xeito (especialmente cando se fala de desbotables que estaban – e aínda están – prohibidos na casa), agora entendo que estabamos facendo o correcto.

Din que os nenos aprenden máis de quen ti és que do que lle aprendes e a miña nai e a súa forma de aproveitar os recursos e de respetar o noso entorno sempre foi unha inspiración para min.

Nunca estarei oo suficientemente agradecida por ter a mellor “Greta” na casa, por terme aprendido a facer tantas cousas desde cero e a ser autosuficiente de tantas xeitos sen importar se estou na cidade ou no rual. O que aprendes de nens pasa a formar parte de ti  de xeito natural e sen esforzo … non coma o meu inglés (¡¡¡¡¡¡!).


Traducido do texto orixinal publicado en Auckland por Estefanía Fdez no 15 de decembro de 2019

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *