En tenda

DISCOS DESMAQUILLANTES GANCHILLO ALGODON ORGANICO

4.50

Disco desmaquillante elaborado en algodón orgánico

A trama do ganchillo axuda a eliminar suciedade e exceso de grasa da pel

Dúas caras iguais para máximo aproveitamento

Lavable e cun ganchiño que axuda a colgalo unha vez usado facilitando asi o secado

Elaborado a man en Portugal por Slowcare con suave algodón orgánico.

A mellor alternativa, xunto cun xabón facial extra suave para a correcta hixiene diaria das peles sensibles

Somos unha tenda pequena e pode que non teñamos todo o que ves. Intentamos repoñelo o antes posible.

Categoría:

Descripción

Os discos  desmaquillantes desbotables están compostos por celulosa, fibras plásticas (polipropileno, poliestileno,etc) e substancias químicas que poden alterar a humidade natural da pel resecándoa.

Ademais dos beneficios do tecido natural sobre a pel, os discos desmaquillantes de algodón orgánico, cun mínimo coidado poden durar varios anos aínda usándoos a diario e supoñen un gran aforro, xa non só de residuos, senón tamén de cartos.

Preséntase libre de embalaxe, so cun papeliño de Slowcare que detalla como coidar del para alongar a súa vida.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “DISCOS DESMAQUILLANTES GANCHILLO ALGODON ORGANICO”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *