Description
Non está inspirada nin na de Segundo nin na de Cortes, dous ultramarinos emblemáticos de Silleda.
Sabela (Sra. Mercedes) é a nosa ilustradora local de cabeceira (agasallounos co deseño dos envoltorios dos nosos xabóns Ruliña e Campos de Trasdeza e o das nosas etiquetas dos graneis, e con ela e as súas láminas puidemos montar a nosa “sección de papelería de proximidade”. Ela contounos que buscou fotos da de Segundo para inspirarse pero non as conseguiu asi que imaxinou un ultramarinos tradicional. A nós gústanos pensar que Mamasunción non dista moito do que amosa esta ilustración tan bonita.
Reviews
There are no reviews yet.