Descripción
Festa da Saleta
Unha festa mítica na Carballeira e o entorno da Saleta, na parroquia de Siador, en Silleda, que reúne á veciñanza durante todo a xornada e da que a ilustradora destaca o entrañable e mítico momento do xantar na Carballeira
Esta ilustración forma parte dunha serie de 3 que xurdiron durante o confinamento de 2020. O motivo que as une é que son os eventos que máis botamos de menos durante esa época de prudencia (festas de xente, para a xente e coa nosa xente)
Sabela (Sra. Mercedes) é a nosa ilustradora local de cabeceira; agasallounos co deseño dos envoltorios dos nosos xabóns Ruliña e Campos de Trasdeza e o das nosas etiquetas dos graneis, e con ela e as súas láminas puidemos montar a nosa “sección de papelería de proximidade”
Reseñas
Aínda non hai valoracións.