Description
O San Xoan das Baratas
O mítico e activo barrio das Baratas de Silleda, do que a ilustradora é natural, vese reflexado maxistralmente nesta ilustración inspirada nunha das festas máis emblemáticas do barrio, que reúne a veciños e veciñas de todas as idades cumprindo coas tradicións típicas da noite de San Xoan
Esta ilustración forma parte dunha serie de 3 que xurdiron durante o confinamento de 2020. O motivo que as une é que son os eventos que máis botamos de menos durante esa época de prudencia (festas de xente, para a xente e coa nosa xente)
Sabela (Sra. Mercedes) é a nosa ilustradora local de cabeceira; agasallounos co deseño dos envoltorios dos nosos xabóns Ruliña e Campos de Trasdeza e o das nosas etiquetas dos graneis, e con ela e as súas láminas puidemos montar a nosa “sección de papelería de proximidade”
Reviews
There are no reviews yet.