En tenda

SET PAPEL DE ARMENIA + CAIXA MISTOS

3.604.90

O ambientador ecolóxico máis antigo do mundo acompañado dunha caixa de mistos tradicional

Dispoñible en tres aromas (ROSA, TRADICION, e ARMENIA) para perfumar calquera estancia dun xeito ecolóxico e sen resíduos.

Somos unha tenda pequena e pode que non teñamos todo o que ves. Intentamos repoñelo o antes posible.

SKU: N/D Categoría:

Descripción

Set de libriño con 36 tiras de papel impregnado en aceites esenciais e aceite de Benjuí (un fixador de aroma natural con propiedades relaxantes) para desodorizar e aromatizar ambientes e caixa de mistos.

O papel de Armenia é o ambientador ecolóxico máis antigo do mundo.

Os papeliños do libro pódense usar tal cual agochándoos entre a roupa dos armários, nas mochilas con roupa de deporte, nos caixóns, no coche, etc.

Para un aroma máis intenso ou puntual os papeis pódense queimar (achegar un chisqueiro ou misto a un lateral da tira, soplar para apagar o lume e deixar que se vaia queimando sen lume pouco a pouco).

As tiras pléganse coma un acordeón para mantelas de pé mentras se queiman sobre unha base cerámica ou metálica pero en cada compra de Papel de Armenia incluiremos unha das nosas pinzas exclusivas de Mamasunción, que ademais de servir para pechar bolsas tamén son un bo soporte para axudar a queimar os papeis.

Unha soa tira de papel é suficiente para perfumar toda a casa e quitar cheiros desagradables de cociñar, de tabaco, de mascotas, etc.

Este ambientador desodorizante natural pode ser usado todo o ano no teu fogar para perfumar e crear un ambiente agradable con tranquilidade e seguridade.

CONSELLOS

Queima só unha tira de cada volta e na casa usa so 3 ou 4 tiras á semana

Ventila a casa regularmente

Nunca deixes de vista unha tira que se estea a queimar

Nunca deixes este produto ao alcance das crianzas

Información adicional

Fragancia

, ,

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “SET PAPEL DE ARMENIA + CAIXA MISTOS”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *