Description
XABONEIRAS
1.- Retirar con frecuencia os restos de xabón que se acumulan na superficie da xaboneira cun pano.
2.- Limpar a superficie cun pano húmido ata eliminar todo o xabón.
3.- Unha vez cada seis meses é aconsellable sacar a xaboneira do baño e deixala nun sitio seco e ventilado un par de días para que se retire toda a humidade acumulada. Estas xaboneiras están acabadas cun produto ECO específico para ambientes húmidos como o baño ( lasur). Ten a particularidade de que non crea unha película na superficie como o verniz, senón que facilita a regulación da humidade na madeira Na parte posterior das xaboneiras puxémoslles unhas barras de silicona para levantalas e que non estean permanentemente en contacto coa auga, facilitando así a circulación do aire e o secado das mesmas.
Reviews
There are no reviews yet.