En tenda

XABONEIRA DE MADEIRA

6.00

Xaboneira rectangular de deseño minimalista.

Tamaño 13 x 10 cm

Feita en taboleiro mariño de bidueiro e haxa.

Acabada cun produto con certificado ECO que garante unha boa conservación en espazos húmidos .

Lavable a man

Somos unha tenda pequena e pode que non teñamos todo o que ves. Intentamos repoñelo o antes posible.

Category:

Description

XABONEIRAS
1.- Retirar con frecuencia os restos de xabón que se acumulan na superficie da xaboneira cun pano.
2.- Limpar a superficie cun pano húmido ata eliminar todo o xabón.
3.- Unha vez cada seis meses é aconsellable sacar a xaboneira do baño e deixala nun sitio seco e ventilado un par de días para que se retire toda a humidade acumulada. Estas xaboneiras están acabadas cun produto ECO específico para ambientes húmidos como o baño ( lasur). Ten a particularidade de que non crea unha película na superficie como o verniz, senón que facilita a regulación da humidade na madeira Na parte posterior das xaboneiras puxémoslles unhas barras de silicona para levantalas e que non estean permanentemente en contacto coa auga, facilitando así a circulación do aire e o secado das mesmas.

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “XABONEIRA DE MADEIRA”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *