En tenda

BUXAINA ARTESANAL

4.005.00

Buxaina elaborada artesanalmente en madeira de bidueiro no obrador de Atalanta Madera, en Berres, A Estrada.

Pezas educativas que, xunto cos bonecos e os carretes (tamén elaborados por Atalanta) axudan a despertar a imaxinación dos máis cativos da casa e son recomendados pola correntes educativas das escola Montessori e o método Waldorf. O uso de materias naturáis, libres de plásticos e materias sintéticas fai destas piezas un xogo seguro para as crianzas convertíndoas en ideas para esas etapas nas que, polo seu desenvolvemento e instinto natural, precisan mordisquear os xoguetes.

Buxainas lisas e decoradas, carretes e figuriñas humanas fan destes xoguetes tamén o perfecto agasallo para ese bebé que está en camiño ou que empeza xa a despertar curiosidade polas cousas.

Somos unha tenda pequena e pode que non teñamos todo o que ves. Intentamos repoñelo o antes posible.

SKU: N/D Categoría:

Descripción

Xoguetes elaborados de maneira artesanal no obrador de tornería artesanal Atalanta Madera, cunha dilatadísima experiencia na talla da madeira tras varias xeneracións de torneiros e torneiras.

Xoguetes que poden ser mordisqueados ou lambidos con tranquilidade xa que non conteñen plásticos nin materiais sintéticos.

Para despertar a curiosidade e fomentar o xogo dos máis pequenos da casa.

 

Información adicional

Variedade

,

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “BUXAINA ARTESANAL”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *