Descripción
Libriño con 36 tiras de papel impregnado en aceites esenciais e aceite de Benjuí (un fixador de aroma natural con propiedades relaxantes) para desodorizar e aromatizar ambientes.
O papel de Armenia é o ambientador ecolóxico máis antigo do mundo.
Os papeliños do libro pódense usar tal cual agochándoos entre a roupa dos armários, nas mochilas con roupa de deporte, nos caixóns, no coche, etc.
Para un aroma máis intenso ou puntual os papeis pódense queimar (achegar un chisqueiro ou misto a un lateral da tira, soplar para apagar o lume e deixar que se vaia queimando sen lume pouco a pouco).
As tiras pléganse coma un acordeón para mantelas de pé mentras se queiman sobre unha base cerámica ou metálica pero en cada compra de Papel de Armenia incluiremos unha das nosas pinzas exclusivas de Mamasunción, que ademais de servir para pechar bolsas tamén son un bo soporte para axudar a queimar os papeis.
Unha soa tira de papel é suficiente para perfumar toda a casa e quitar cheiros desagradables de cociñar, de tabaco, de mascotas, etc.
Este ambientador desodorizante natural pode ser usado todo o ano no teu fogar para perfumar e crear un ambiente agradable con tranquilidade e seguridade.
CONSELLOS
Queima só unha tira de cada volta e na casa usa so 3 ou 4 tiras á semana
Ventila a casa regularmente
Nunca deixes de vista unha tira que se estea a queimar
Nunca deixes este produto ao alcance das crianzas
Reseñas
Aínda non hai valoracións.